17/01/18

O BEN E O MAL

IMAXE: ARASAAC.

HOXE IMOS PENSAR EN SE AS SOLUCIÓNS QUE ACHEGAMOS AO PROBLEMA DO RATIÑO SON OU NON VIOLENTAS. REFLEXIONAREMOS SOBRE O QUE É BO E O QUE NON. FILOSOFEMOS!

15/01/18

A SRA. LINGUA E O AIRE

IMAXE: antonio-mkds.

HOXE IMOS FALAR DO BEN QUE SE LEVAN A SRA. LINGUA E O AIRE. A ELA ENCÁNTALLE QUE O AIRE CIRCULE POLA SÚA CASA. UNHAS VECES, PASA MOI AMODIÑO (INSPIRAMOS E EXPIRAMOS MOI LENTAMENTE) E, OUTRAS, MOI RÁPIDO (SOPRAMOS FORTE). UNHA VECES, TEN A PORTA MOI ABERTA E OUTRAS MOI PECHADA; E, CANDO PASA ISTO ÚLTIMO, O AIRE PRODUCE UN ASUBÍO. PROBADE VÓS!
PERO, HOXE A NOSA AMIGA NECESITA DESCANSAR E PECHOU A PORTA PARA QUE NON ENTRASE CORRENTE (PECHAMOS A BOCA). ENTÓN, O AIRE, QUE É MOI TRAVESO, QUERE SAÍR. E POR ONDE O FAI? POIS POLO NARIZ (EXPULSAMOS AIRE SÓ POLO NARIZ).

14/01/18

RELEVOS CAMBIANTES


A CLASE DE PSICOMOTRICIDADE DESTA SEMANA VAI SER TREPIDANTE:
  • QUECEMENTO: IMOS DESPRAZARNOS ARREDOR DOS CONOS DE DIFERENTES MANEIRAS.
  • XOGOS ESPACIAIS: OS CONOS ESTÁN SITUADOS A UN LADO E A OUTRO DA PISTA. SON DE CATRO CORES DIFERENTES E CADA CONO TEN O SEU IGUAL AO OUTRO ESTREMO DA AULA. COA CANCIÓN OS ANIMAIS DE LUAR NA LUBRE IREMOS FORMADO EQUIPOS DE DIFERENTE NÚMERO ATA CHEGARMOS A XUNTAR 4 EQUIPOS, QUE SE COLOCARÁN DETRÁS DE CADA CONO A UN LADO DA PISTA.
  • XOGOS CORPORAIS: XOGAREMOS ÁS CARREIRAS DE RELEVOS PORTANDO OBXECTOS DIFERENTES COMO TESTEMUÑO E CARREXÁNDOOS CON DISTINTAS PARTES DO CORPO.
  • XOGOS TEMPORAIS: PENSAREMOS NOS TESTEMUÑOS QUE NOS FAN IR MÁIS LIXEIROS E NOS QUE NOS OBRIGAN A IR MÁIS LENTOS.
  • RELAX: COS CONOS COLOCADOS NO CAMPO DE XOGO. TODOS OS NENOS E NENAS SENTARÁN NA PAREDE. AQUELES QUE ESTEAN MOI TRANQUILOS PODERÁN DESCANSAR AO CARÓN DUN DOS CONOS.

07/01/18

FILOSOFANDO CUNHA SOPIÑA

IMAXE: KALANDRAKA.

ACHÉGASE, DE ACORDO CO CALENDARIO ESCOLAR, O DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA. POR ESTE MOTIVO, DECIDIMOS ESCOLLER UN LIBRO MARABILLOSO NO QUE A UN RATIÑO SE LLE PRESENTA UN PROBLEMA: UNHA DONICELA QUÉREO COMER. COMO REACCIONARÁ EL? ATACANDO, USANDO A VIOLENCIA...? HABEMOS DE LER O LIBRO E VEREMOS COMO RESOLVE ESTA SITUACIÓN. AQUÍ TENDES A FOLLA DA PLANIFICACIÓN DAS SESIÓNS DE FILOSOFÍA PARA NENOS E NENAS.

E AQUÍ TENDES O VÍDEO CO FRAGMENTO DUNHA CANCIÓN SOBRE RATIÑOS INVENTADA PARA UN CONTO DA MESMA EDITORIAL QUE O LIBRO DE ENRIBA. CANCIÓN INTERPRETADA POLOS CONTACONTOS PATRI E ÁLEX DURANTE A LECTURA DO LIBRO "NÚMEROS" DE LEO LIONI E ANTONIO RUBIO NO CEIP DE PRÁCTICAS.

06/01/18

PELOTAS DE TODOS OS TAMAÑOS


ESTA SEMANA EN EDUCACIÓN FÍSICA DE BASE, FAREMOS:
  • QUECEMENTO: IMOS DESPRAZARNOS DE DIFERENTES MANEIRAS E PORTANDO PELOTAS DE DISTINTOS TAMAÑOS.
  • XOGOS ESPACIAIS: HABERÁ AROS GRANDES, MEDIANOS E PEQUENOS CISCALLADOS POR TODA A CLASE. AS PELOTAS TAMÉN ESTARÁN ESPAREXIDAS. Á ORDE, TERÁN QUE CLASIFICALAS O MÁIS RÁPIDO POSIBLE.
  • XOGOS CORPORAIS: ULTILIZAREMOS AS PELOTAS DE DISTINTOS TAMAÑOS CON DIFERENTES PARTES DO CORPO, ARREBOLÁNDOAS E GOLPEÁNDOAS.
  • XOGOS TEMPORAIS: PROBAREMOS A ENCESTAR AS PELOTAS. PRIMEIRO, AS PEQUENAS; LOGO, AS MEDIANAS; E, AO FINAL, AS GRANDES.
  • RELAX: CON AROS COLOCADOS POR TODA A CLASE, TODOS OS NENOS E NENAS SENTARÁN NA PAREDE. AQUELES QUE ESTEAN MOI TRANQUILOS PODERÁN DESCANSAR NUN DOS AROS.